Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 8 de novembro de 2012 Páx. 41898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 22 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2012281AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 5 de outubro de 2012, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador nº 2012281AL-CO incoado á herdanza xacente de María Rocha.

Unha vez intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle á herdanza xacente de María Rocha o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández 2-4, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle de que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 22 de outubro de 2012

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2012281AL-CO.

Interesada: herdanza xacente de María Rocha.

DNI/NIF/CIF: E70317227.

Último enderezo coñecido: rúa Gambrinus 19, polígono da Grela. 15008 A Coruña.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición, artigo 50.1.d) e e) e artigo 51.1, parágrafo 1º e 4º.

Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre a hixiene de produtos alimenticios; artigo 5 e anexo II; capítulo I, números 1 e 2; capítulo II, número 1; capítulo V, número 1; capítulo VI, número 1 e 3; capítulo IX, números 2 e 3 e capítulo X, números 1, 2, e 3.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 3.000 € (tres mil euros).