Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41745

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (471/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 17.10.2012 no proceso seguido por instancia de Marcos Turnes García contra Alicatados Construcciones Esperante, S.L. e Fogasa, en reclamación por cantidade, se rexistrou co número 471/2010 e se acordou notificar a Alicatados Construcciones Esperante, S.L. a decisión de sentenza seguinte:

«Decido que estimando a demanda interposta por Marcos Turnes García contra a empresa Alicatados y Construcciones Esperante, S.L., debo declarar e declaro o dereito do demandante a percibir a cantidade de oito mil trescentos cincuenta e seis euros con corenta céntimos nos conceptos anteriormente referidos, e condeno a referida empresa ao aboamento da dita cantidade.

Modo de impugnación: advírteselles ás partes que contra a presente resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial, debendo indicar no campo concepto «recurso», seguido do código «34 Social suplicación», acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade, no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Alicatados y Construcciones Esperante, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 17 de outubro de 2012

A secretaria xudicial