Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41795

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 17 de outubro de 2012 polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no procedemento sancionador taxa láctea STL-09/2012.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento sancionador taxa láctea STL-09/2012.

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Fondo Galego de Garantía Agraria, situadas na rúa Irmandiños, s/n, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación da resolución entenderase producida desde o día seguinte á data da súa finalización.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia poderá a interesada interpor, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda, dependente da Consellería de Facenda, dirixindo o escrito da súa interposición á Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria; ou, potestativamente e ante esta dirección, recurso de reposición, non podendo simultanearse recurso de reposición e reclamación económico-administrativa.

Se contra esta resolución se presenta en tempo e forma recurso de reposición ou reclamación económico-administrativa, a execución da sanción quedará automaticamente suspendida en período voluntario sen necesidade de que a interesada o solicite e sen necesidade de achegar garantías ata que sexa firme en vía administrativa, e non se exixirán xuros de mora polo tempo que transcorra ata a finalización do prazo de pagamento en período voluntario aberto pola notificación da resolución que poña fin á vía administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2012

José Álvarez Robledo
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expediente: STL-09/2012.

Interesada: Xertigán, S.C.G.

Acto de notificación: resolución de procedemento sancionador taxa láctea.

Último enderezo coñecido: Momán, Xermade, 27826 Lugo.