Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 7 de novembro de 2012 Páx. 41797

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación polo Servizo Galego de Saúde do servizo de desenvolvemento evolutivo do Sistema de información hospitalario de Galicia (SIHGA), para a execución dos proxectos de innovación H2050 e Innova Saúde cofinanciados nun 70 % con fondos Feder, fondo tecnolóxico (AB-SER1-12-027).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 22.11.2012.

d) Número de expediente: AB-SER1-12-027.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de desenvolvemento evolutivo do Sistema de información hospitalario de Galicia (SIHGA), para a execución dos proxectos de innovación H2050 e Innova Saúde.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: desde a súa formalización ata o 31.12.2013.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72222000-7.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

criterios non valorables automaticamente (sobre B)

Metodoloxía de traballo e definición do plan de participación dos recursos

0-20

Plan de evolución dos sistemas

0-30

Criterios valorables automaticamente (sobre C)

Oferta económica

0-40

Parámetros de servizo de soporte

0-10

4. Valor estimado do contrato: 1.639.736 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 819.868 euros. Importe total: 992.040,28 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva 5 % do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): si, grupo V, subgrupo 2, categoría C.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 5.3.1.g) e h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 22.11.2012.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas a.m. do décimoprimeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial de la Unión Europea: 17.10.2012.

12. Outras informacións: o expediente está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, fondo tecnolóxico nun 70 %.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2012

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos