Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2012 Páx. 41276

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (264/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 264/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Hugo del Puerto Muniz contra a empresa Iglealva, S.L., Repecua Asociados, S.L.U., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«A Coruña, 9 de outubro de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante, José Hugo del Puerto Muniz, que comparece asistida polo letrado Pedro Pedreira Candal e doutra, como demandada, Iglealva, S.L. en cuxo nome e representación comparece o letrado Mario Fernández Riva e asistida polo letrado Hugo Vilaboa López; e Repecua Asociados, S.L.U., que non comparece malia estar citada en legal forma.

Decido:

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Hugo del Puerto Muniz fronte á empresa Iglealva, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do seu despedimento, con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, en caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese termo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa Iglealva, S.L., segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, de optar a empresa por ela: 4.460,06 euros (catro mil catrocentos sesenta euros con seis céntimos de euro). Deste importe deberanse descontar os 1.503,90 euros recibidos en concepto de indemnización. Faltan por aboar 2.956,16 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 44,05 euros/día, e que ascenden a 11.673,16 euros.

– Ademais, a empresa deberalle aboar á parte demandante a cantidade de 660,75 euros correspondentes ao período de aviso previo incumprido.

3. Estimo a acción de reclamación de salarios, condenando a empresa demandada, Iglealva, S.L., a lle aboar ao demandante a cantidade de 2.342,45 euros polos conceptos salariais recollidos no feito probado terceiro.

4. Desestímase a acción exercida contra a empresa Repecua Asociados, S.L.U.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado, co número 1533 0000 36 0264 12, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta en Banesto a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 0264.12 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Repecua Asociados, S.L.U., expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de outubro de 2012

O secretario xudicial