A Consellería de Facenda anuncia procedemento aberto de contratación do servizo para realizar as verificacións previstas no artigo 13 do Regulamento (CE) 1828/2006 das operacións correspondentes ao Programa de cooperación transfronteiriza España-Portugal, área de cooperación Galicia-Rexión Norte de Portugal, 2007-2013, que se declaren no período de vixencia do presente contrato.
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Planificación e Fondos.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo de contrato: servizos.
b) Descrición do obxecto: realizar as verificacións previstas no artigo 13 do Regulamento (CE) 1828/2006 das operacións correspondentes ao Programa de cooperación transfronteiriza España-Portugal, área de cooperación Galicia-Rexión Norte de Portugal, 2007-2013, que se declaren no período de vixencia do presente contrato.
c) Lugar de entrega dos informes: Consellería de Facenda. Dirección Xeral de Planificación e Fondos.
1) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3.
2) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
d) Prazo de execución: tres anos, contados desde o día seguinte a aquel en que se asine o contrato.
e) Admisión de prórroga: si, por un período máximo dun ano por mutuo acordo das partes.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 792120003.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de valoración e adxudicación: oferta económica (50 %), redución nos prazos de entrega dos informes (10 %), calidade técnica (30 %), e melloras propostas pola empresa (10 %).
4. Orzamento base de licitación (unha vez aplicado o cambio do tipo impositivo de IVE):
a) Prezo: cento oitenta e nove mil douscentos cincuenta euros con trinta e seis céntimos (189.250,36 €), IVE excluído.
b) IVE: trinta e nove mil setecentos corenta e dous euros con cincuenta e oito céntimos (39.742,58 €).
c) Anualidades (IVE incluído):
2012: 52.668,37 €.
2013: 66.407,96 €.
2014: 64.118,02 €.
2015: 45.798,59 €.
O contrato fíxase por prezos unitarios en función do volume de gasto verificado, sendo o prezo unitario máximo de 9.000 euros (excluído o IVE), por millón de euros verificado.
5. Garantías:
a) Provisional: 3 % do orzamento base de licitación, excluído o IVE.
b) Definitiva: 5 % do importe do orzamento base de licitación.
6. Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Consellería de Facenda. Dirección Xeral de Planificación e Fondos.
2) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3.
3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
4) Teléfono: 981 54 41 07.
5) Fax: 981 54 51 33.
6) Correo electrónico: antonio.sanchez.de.la.fuente@conselleriadefacenda.es
7) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
8) Data límite de obtención de documentos e información: será a mesma que para a presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: de acordo co disposto nas cláusulas 8 e 9 da folla de especificacións.
c) Outros requisitos específicos: acreditación da non incompatibilidade para a realización das verificacións que se van realizar.
8. Presentación das ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o seguinte ao da data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo coincide en domingo ou festivo, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada nas cláusulas 6.3, 6.4 e 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Modalidade e lugar de presentación: en sobres pechados na Oficina de Rexistro Xeral e Información da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela, ou por correo, dirixido á Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Facenda, xustificando a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciándolle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981 54 51 33), télex ou telegrama no mesmo día.
e) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións, en virtude do disposto nos números 2 e 3 do artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público.
d) Admisión de variantes ou melloras: os licitadores poderán ofertar as melloras previstas no apartado B) do punto 11 da folla de especificacións.
9. Apertura das ofertas: acto público.
a) Entidade e lugar: sala de xuntas da Consellería de Facenda.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3, 15781 Santiago de Compostela.
c) A data e a hora: unha vez rematado o prazo de presentación de proposicións farase pública no perfil do contratante a data e a hora de apertura das ofertas. A apertura non poderá ter lugar ata transcorridos un mínimo de tres días hábiles desde o anuncio da publicación da data no perfil do contratante, convocando para acto público.
10. Gastos de publicidade:
Serán de conta do adxudicatario ata un máximo de 3.000 euros.
11. Perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/ ou http://www.conselleriadefacenda.es/
Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2012
P.D. (Orde 9.1.2012)
María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda