Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2012 Páx. 41285

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 29 de outubro de 2012, da Secretaría Xeral para o Turismo, pola que se notifican as resolucións referenciadas, ditadas nos expedientes administrativos de carácter sancionador, pola comisión de infraccións graves en materia de turismo (CTSAN1 2011/162-1 e catro máis).

Mediante esta cédula e de conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas físicas e xurídicas, titulares de establecementos turísticos, que a continuación se mencionan, as resolucións dos procedementos sancionadores en materia de turismo por infracción administrativa grave da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia (DOG nº 246, do 19 de decembro), modificada pola Lei 1/2010, do 11 de febreiro, xa que intentadas polos medios habituais non se puideron practicar.

As/os interesadas/os poderán examinar o seu expediente e recoller as resolucións mediante comparecencia nas dependencias da Secretaría Xeral para o Turismo, situada na praza de Mazarelos, nº 15, de Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, as/os interesadas/os poderán interpoñer recurso de reposición ante a titular da Secretaría Xeral para o Turismo, no prazo dun (1) mes ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8.2.b), 14.1 segunda e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Expediente: CTSAN1 2011/162-1.

Sancionada: Vefa Travel Viagens e Turismo, Lda.

NIF: N0101426E.

Último enderezo: Paseo de Fernando II, local 1, O Burgo.

Localidade: Culleredo (A Coruña).

Precepto infrinxido: artigo 70.i) da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia.

Resolución: multa de 1.800,00 euros.

Expediente: CTSAN1 2011/172-1.

Sancionada: Actividades Puntuales, S.L.

NIF: B15350317.

Último enderezo: rúa Juan Flórez, nº 48.

Localidade: A Coruña.

Precepto infrinxido: artigo 109.2.e) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Resolución: multa de 300,00 euros.

Expediente: CTSAN1 2011/183-1.

Sancionada: Viajes Eroski, S.A.

NIF: A48115638.

Último enderezo: avenida dos Mallos, nº 56.

Localidade: A Coruña.

Precepto infrinxido: artigo 70.i) da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia.

Resolución: multa de 901,00 euros.

Expediente: CTSAN1 2011/046-3.

Sancionada: Galitur Sport, S.L.

NIF: B32306417.

Último enderezo: rúa Curros Enríquez, nº 25, 1º.

Localidade: Ourense.

Precepto infrinxido: artigo 70.i) da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia.

Resolución: multa de 3.601,00 euros.

Expediente: CTSAN1 2011/011-4.

Sancionado: Marcos Castro Cebreiros.

NIF: 77005491L.

Último enderezo: Urbanización Mario Puentes, bloque 2, nº 4, Patos.

Localidade: Nigrán (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigo 70.a) da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia.

Resolución: caducidade.

Expediente: CTSAN1 2011/042-4.

Sancionado: Eduardo Pérez Pazos.

NIF: 36026581W.

Último enderezo: Praia de Canido, nº 151.

Localidade: Vigo (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigo 70.d) da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia.

Resolución: caducidade.

As resolucións desta secretaría xeral poñen fin á vía administrativa e, por tanto, son executivas, polo que deberán aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior, ou ata o día inmediato hábil seguinte.

O aboamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta secretaría xeral. De non efectuarse o ingreso no período voluntario, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2012

P.S. (Orde 14.9.2012; DOG núm. 177, do 17 de setembro)
Secretario xeral de Presidencia
Por delegación de sinatura (Resolución 17.9.2012)
Mª Elena Barca Ramos
Subdirectora xeral de Xestión, Fomento e Cooperación