Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2012 Páx. 41307

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 16 de outubro de 2012, da Zona de Recadación da Coruña, polo que se da a coñecer a poxa pública dos bens/dereitos que se describen.

De conformidade co acordo da Dirección Xeral de Tributos do 4 de outubro de 2012, infórmase que o día 20.12.2012 ás 10.00 horas no salón de actos da Xefatura Territorial da Consellería de Facenda da Coruña, sita na praza de Pontevedra, 22, terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a seguir:

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1ª

Tramos

1

100 % do pleno dominio por título de herdanza da parcela nº 897 da zona de concentración parcelaria de San Pedro e San Miguel de Sarandón, concello de Vedra. Labradío, monte e eira no lugar de Cimadevila, de 64 áreas e 21 centiáreas. Este predio ten unha construción que o divide en dúas partes, ten un pozo e unha charca da que sae un rego e dúas minas. Predio 15527, Rexistro da Propiedade de Santiago nº 1.

116.855,00

865,00

115.990,00

500

2

100 % do pleno dominio con carácter privativo da vivenda letra H do andar catro ou baixo cuberta, no edificio sito na vila de Padrón, co seu portal de acceso pola rúa Defensa a Xardín Artístico. Da superficie construída, incluída a terraza, de 63,34 metros cadrados. Ten como anexo a praza de garaxe nº 7, dunha superficie de 9,90 m2 e o rocho nº 8 dunha superficie de 4,45 m2. Predio 23176, Rexistro da Propiedade de Padrón.

81.751,43

75.943,00

5.808,43

100

3

50 % do pleno dominio por título de compra da vivenda sita na rúa Alfonso Molina, nº 32, andar 1º, porta A, hoxe nº 3 da rúa Álvaro Cunqueiro. Ten como anexo 1/107 do local destinado a reunións no semisoto, rocho 1º A (BC) e garaxe e almacén nº 13 no semisoto do edificio. De superficie útil de 89 metros e 23 decímetros cadrados. Predio nº 71921, Rexistro da Propiedade da Coruña 1.

85.053,35

53.699,00

31.354,35

100

4

Aparcadoiro dezaseis. Nun local dedicado a aparcadoiro de vehículos sinalado con número dezaseis do andar inferior do soto do edificio a que corresponde o número oito do lugar do Portádego, parroquia de Rutis, concello de Culleredo.

10.800,00

585,00

10.215,00

100

5

Monte denominado da Roza ou da Grela, sito no lugar de Cotos, concello da Coruña, de 38 áreas e 3 centiáreas de superficie, con referencia catastral 15900A011000560000YY. Predio número 97996 do Rexistro da Propiedade número 2 da Coruña.

2.999,08

2.999,08

50

6

Vivenda letra A sita no primeiro andar alto do edificio denominado Morechos na rúa Gudiños, nº 17, de Rianxo (A Coruña). Superficie construída 125 m2. Predio 7721 do Rexistro da Propiedade de Padrón.

94.867,20

95.948,00

6.678,98

100

7

100 % do pleno dominio con carácter privativo por título de compravenda da casa composta de andar baixo, dous pisos altos e rocho, sinalada co nº 85 da rúa Concepción Arenal, na cidade de Ferrol. Ten polas súas costas un patio de superficie de 46 m2, constituíndo todo un só predio. Superficie construída: 73 m2. Predio 10171, Rexistro da Propiedade de Ferrol.

140.024,20

98.400,00

41.624,20

100

8

100 % do pleno dominio con carácter propio por título de compravenda da casa de baixo e piso con terreo unido, sita no lugar de Piadela, rúa nº 9, hoxe 27, Guiliade, no concello de Betanzos. De superficie 236 metros cadrados, superficie construída de 187 metros cadrados. Predio nº 22747, Rexistro da Propiedade de Betanzos.

54.766,86

38.608,00

16.158,86

100

9

1/12 ava parte do pleno dominio por título de adxudicación en acto de partición parcial de herdanza testada, logo de disolución parcial da sociedade de gananciais da casa sita no número 166 da rúa Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, composta de andar baixo a local de negocio e tres andares cunha vivenda cada un, que ocupa a extensión de 112 metros cadrados, con terreo a patio anexo de 60,71 metros cadrados. Predio 15537 do Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela.

44.017,68

44.017,68

500

10

1/12 ava parte da núa propiedade por título de adxudicación en acto de cesión de dereito de reversión en permuta do local comercial sito no andar baixo por rúa peonil e soto un pola rúa Rosalía de Castro, pertencente a un edificio sinalado cos números 168-170 da rúa Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Predio 15542 do Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela.

5.134,68

5.134,68

100

11

Inmoble a uso comercial, por título de herdanza de Jesusa Vázquez López, segundo testamento de 24 de agosto de 2006, sito no edificio número 25 da rúa Galiano de Ferrol, andar baixo, con cento vinte e oito con sete metros cadrados de superficie útil. Predio número 33400 do Rexistro da Propiedade de Ferrol.

215.529,70

215.529,70

500

12

Inmoble a uso comercial, por título de herdanza de Jesusa Vázquez López, segundo testamento de 24 de agosto de 2006, sito no edificio número 25 da rúa Galiano de Ferrol, andar baixo, con cento corenta e oito con cinco metros cadrados de superficie útil. Predio número 33401 do Rexistro da Propiedade de Ferrol.

206.576,90

206.576,90

500

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar que:

a) Están ao dispor dos interesados, na Zona de Recadación da Coruña, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento en que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que se deberá conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non terán dereito a exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente. De non estaren inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e, nos demais casos en que sexa preciso, deberán proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria, para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos ditos bens ou dereitos.

e) A obriga de constituír ante a mesa de poxa con anterioridade á súa realización un depósito do 20 % do tipo de poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo de remate. O depósito deberá constituírse mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado. Nese caso, a mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Despois de ter lugar a primeira licitación, a mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo da deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 por cento do tipo de poxa en primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, se quedasen bens sen adxudicar iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes seguinte ao do seu inicio, e pode proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. No caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente co límite total de seis meses.

A Coruña, 16 de outubro de 2012

Julián Benavides Delgado
Recadador de zona da Coruña