Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2012 Páx. 41311

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 17 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Arias González, Isaac e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e ao non ser posible practicar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo por causas non imputables á Administración, despois dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, mediante este anuncio emprázanse os interesados sinalados no anexo para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura Territorial da Consellería de Facenda de Vigo, con enderezo na rúa Concepción Arenal nº 8 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 17 de outubro de 2012

Julio Pedrosa Vicente
Xefe territorial de Vigo

ANEXO

Interesado

NIF/CIF

Órgano tramitador

Procedemento

Arias González, Isaac

36173949D

Servizo de Inspección Tributaria

Requirimento de documentación.

Imposto sobre sucesións e doazóns

Expte.: D 44/09

García Moya, Miguel

70987549G

Servizo de Inspección Tributaria

Inicio de actuacións inspectoras de comprobación e investigación e notificación de trámite de audiencia.

Imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados

Exercicio: 2008