Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 5 de novembro de 2012 Páx. 41244

II. Autoridades e persoal

c) Substitucións

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 208/2012, do 2 de novembro, polo que se encarga o despacho de asuntos da Presidencia, durante a ausencia do seu titular, ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Con motivo da ausencia do presidente da Xunta de Galicia, por mor dunha viaxe a América, cómpre prover a súa substitución durante o tempo de duración desta.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe a América, encárgaselle o despacho de asuntos da Presidencia, ata o seu regreso, ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, dous de novembro de dous mil doce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente