Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41189

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 16 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2012226AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 26 de setembro de 2012, o/a instrutor/a do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2012226AL-CO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña a Isidora Rouco Rodríguez.

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Isidora Rouco Rodríguez o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 16 de outubro de 2012

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2012226AL-CO.

Interesada: Isidora Rouco Rodríguez.

DNI/NIF/CIF: 32655824-X.

Último enderezo coñecido: Praia da Madalena, 15620 Cabanas.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigo infrinxido: Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición, art. 50.1.d) e e) e art. 51.1 parágrafo 1º e 4º.

R.D. 3484/2000, do 29 de decembro, sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas. Art. 3, 7, 10 e 11.

Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre a hixiene de produtos alimenticios, art. 5, anexo II, capítulo I, números 1 e 2, capítulo II, números 1, 2 e 3, capítulo V, número 1 e capítulo IX, números 2, 3, 4 e 5.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 60 €. Sesenta euros.