Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 10 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2012166TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 26.9.2012 a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador nº 2012166TA-CO, incoado a Francisco Javier Martínez Sáiz.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Francisco Javier Martínez Sáiz o contido da dita resolución, que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001; en Caixanova, Recadación Xunta; no BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, ou no Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 10 de outubro de 2012

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2012166TA-CO.

Interesado: Francisco Javier Martínez Sáiz.

DNI/NIF/CIF: 2839987Q.

Último enderezo coñecido: avenida de Brasil, 4. 28020 Madrid.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: artigo 35 A) 1ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, Lei xeral de sanidade, e 41 a) e h) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro, nos seus artigos: 7 u) e 19.1.2 a).

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 30 € (trinta euros).