Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 2 de novembro de 2012 Páx. 41183

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 5 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2012186AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 26 de setembro de 2012 a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador nº 2012186AL-CO incoado a José María Creo Barral.

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a José María Creo Barral o contido da dita resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lembráselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura territorial, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguintes, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001; en Caixanova, Recadación Xunta; en BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, ou no Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 5 de outubro de 2012

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2012186AL-CO.

Interesado: José María Creo Barral.

DNI/NIF/CIF: 33279642E.

Último enderezo coñecido: rúa Fonte dos Cabalos, 4, 2º C, 15129 Vimianzo.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos: Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición, artigo 50.1.e) e artigo 51.1 parágrafo 4º e 10º.

Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre a hixiene de produtos alimenticios: anexo II, capítulo IV, número 6, capítulo V.1.b) e capítulo IX, número 3.

Real decreto 2483/1986, do 14 de novembro, sobre a regulamentación técnico-sanitaria das condicións xerais do transporte terrestre de alimentos e produtos alimentarios a temperatura regulada: artigo 8.3 e 9.3.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 300 € (trescentos euros).