Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2012 Páx. 41087

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación da subministración de formigón e outros materiais para o taller de fomento.

1. Entidade que adxudica. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Vías e Obras. Nº de expediente: 65970-250.

2. Obxecto do contrato. Descrición: subministración por lotes de formigón, agregados, materiais de construción e ferretaría para o taller de fomento do Concello de Vigo. División por lotes e número de lotes/Número de unidades: si. Lote 1: formigón. Lote 2: agregados. Lote 3: materiais de construción e lote 4: materiais de ferretaría.

Lugar de entrega: Concello de Vigo.

Prazo de execución: dous anos e dúas prórrogas dun ano cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 900.000 euros. Dotación por lotes: lote 1: 290.000 euros. Lote 2: 160.000 euros. Lote 3: 360.000 euros. Lote 4: 90.000 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono 986 81 01 48, fax 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: non se exixe. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no prego de cláusulas administrativas particulares e as follas de expecificacións do contrato.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará o día 23 de novembro de 2012.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 h do último día de prazo, ou a través da plataforma electrónica de contratación pública Vortalgov (www.vortalgov.es).

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas técnica e económica. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 8 de outubro de 2012

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Patrimonio e Contratación