Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2012 Páx. 41089

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación do servizo de mantemento de cemiterios municipais.

1. Entidade que adxudica. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Cemiterios. Nº de expediente 8700-255.

2. Obxecto do contrato. Descrición: servizos de limpeza, acondicionamento e conservación integral dos cemiterios municipais de Beade, Bembrive, Cabral, Lavadores, Candeán, Pereiró, Teis e Zamáns.

Lugar de execución: Concello de Vigo.

Prazo de execución: tres anos máis tres prórrogas dun ano cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 839.164,88 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono 986 81 01 48, fax 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: grupo O, subgrupo 6, categoría B.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará o día 30 de novembro de 2012.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 h do último día de prazo, ou a través da plataforma electrónica de contratación pública Vortalgov (www.vortalgov.es).

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas técnica e económica. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 18 de outubro de 2012

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Patrimonio e Contratación