Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2012 Páx. 41085

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación de subministración de mesturas bituminosas e emulsións asfálticas.

1. Entidade que adxudica. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Vías e Obras. Nº de expediente 66323-250.

2. Obxecto do contrato. Descrición: subministración de mesturas bituminosas e emulsións asfálticas para o taller de fomento do Concello de Vigo. División por lotes e número de lotes/Número de unidades: non.

Lugar de entrega: Concello de Vigo.

Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 120.000 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono 986 81 01 48, fax 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: non se exixe. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no prego de cláusulas administrativas particulares e as follas de expecificacións do contrato.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 h do último día de prazo, ou a través da plataforma electrónica de contratación pública Vortalgov (www.vortalgov.es).

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas técnica e económica. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

A data e a hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 8 de agosto de 2012

Raquel Díaz Vázquez
Concelleira delegada de Patrimonio e Contratación