Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2012 Páx. 41084

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública da modificación puntual do Plan especial de protección do patrimonio construído de interese cultural do termo municipal de Santiago de Compostela no ámbito das vivendas de Ramírez.

A Xunta de Goberno local, na sesión que tivo lugar o día 13 de setembro de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan especial de protección do patrimonio construído no ámbito das vivendas de Ramírez, segundo o proxecto formulado polos servizos técnicos municipais da Área de Urbanismo.

En aplicación do procedemento regulado polo artigo 86.1 da LOUG, a modificación inicialmente aprobada someterase a información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais dos de maior circulación na provincia. Simultaneamente, practicarase citación persoal aos propietarios do inmoble afectado, segundo figuren no catastro.

Durante o trámite de información pública solicitarase o informe do director xeral de Patrimonio Cultural.

A aprobación inicial da modificación determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 77.2 da LOUG, a suspensión do outorgamento de licenzas para todas aquelas actuacións que puidesen resultar incompatibles coa nova ordenación proposta. A suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde o acordo de aprobación inicial, e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva do planeamento.

Durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán consultar o expediente na Servizo de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2012

Ángel Currás Fernández
Alcalde