Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2012 Páx. 41081

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coristanco

ANUNCIO de información pública sobre instalación de planta de tratamento de lodos en Costa Redonda, Xaviña.

Fidel Miramontes García solicitou desta alcaldía licenza municipal para instalación de planta de tratamento de lodos en Costa Redonda, Xaviña (Coristanco).

En cumprimento do preceptuado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, en relación co artigo 86 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ábrese un período de información pública por un prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, para que os que se consideren afectados dalgunha maneira pola actividade que se pretende establecer poidan facer as observacións pertinentes.

O expediente encóntrase na Secretaría deste concello e pode consultarse en horas de oficina.

Coristanco, 4 de outubro de 2012

Antonio Pensado Plágaro
Alcalde