Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2012 Páx. 41080

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coles

ANUNCIO de información pública de aprobación inicial do Plan especial de dotacións nas inmediacións da Lavandeira.

Aprobado inicialmente o Plan especial de dotacións (equipamentos privados de uso asistencial) nas inmediacións da Lavandeira, tramitado por instancia de Antonio Torres Rodríguez e Amparo González Guerra, por acordo da Xunta de Goberno local do 25 de setembro de 2012, de conformidade co artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio cuxas novas determinacións supoñan modificación da ordenación urbanística vixente.

Coles, 2 de outubro de 2012

Manuel Rodríguez Vázquez
Alcalde