Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2012 Páx. 41082

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coristanco

ANUNCIO de información pública dunha planta de compostaxe.

Gesmaga, S.L. solicitou desta alcaldía licenza municipal para instalación de planta de compostaxe en A Furoca-San Paio (Coristanco).

En cumprimento do preceptuado no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, en relación co artigo 86 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ábrese un período de información pública por un prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, para que os que se consideren afectados dalgunha maneira pola actividade que se pretende establecer poidan facer as observacións pertinentes.

O expediente atópase na Secretaría deste Concello e pode consultarse en horas de oficina.

Coristanco, 4 de outubro de 2012

Antonio Pensado Plágaro
Alcalde