Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2012 Páx. 41047

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello das Somozas (expediente IN407A 2012/142).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Distribuidora Eléctrica Niebla, S.L.

Domicilio social: avenida Linares Rivas nº 44-21 C, 15005 A Coruña.

Denominación: CT Igrexa.

Situación: concellos das Somozas.

Características técnicas: liña de media tensión soterrada a 6/20 kV, cunha lonxitude de 44,22 m, con condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×95 Al/54,6 mm2 Alm, con orixe no paso aéreo-subterráneo que se vai instalar no apoio existente nº 7 da LMT subderivación Igrexa (expediente 52.480) (coordenadas UTM X: 585.772, Y: 4.817.330).

Centro de transformación prefabricado de potencia 250 kVA, con relación de transformación 20-6/0,4-0,23 kV, que se vai instalar no lugar da Igrexa, no concello das Somozas (coordenadas UTM X: 585.796, Y: 4.817.309).

Reforma da rede de baixa tensión existente, con orixe no CT Igrexa mediante tres circuítos soterrados, cunha lonxitude total de 40,22 m con condutor XZ1 1×(4×150) mm2 Al, e final en dous pasos aéreo-subterráneos onde se conectará coa rede aérea existente, instalándose 30,45 m de condutor RZ 3×150 Al/80 Alm+3×95 Al/54,6 Alm e tres novos apoios.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 19 de setembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña