Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2012 Páx. 41046

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2012/115).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Endesa Distribución Eléctrica, S.L.

Domicilio social: Avenida del Paralelo, nº 51, 08004 Barcelona.

Denominación: reforma CT residencia de empregados Endesa.

Situación: concello das Pontes de García Rodríguez.

Características técnicas: reforma do centro de transformación e seccionamento existente na residencia de empregados (expediente 29065) mediante a instalación dunha cela de liña de chegada da LMT existente na Madalena nº 1, e unha cela de protección de transformador, substituíndo o transformador existente por un de potencia 400 kVA con relación de transformación 20/0,4-0,23 kV, así como substitución do cadro de baixa tensión e servizos auxiliares, sito no poboado da Madalena, no concello das Pontes (coordenadas UTM, X: 593.343, 4.812.020).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sito no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 18 de setembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña