Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2012 Páx. 41049

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se someten a información pública para autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública, en concreto, así como inclusión no réxime especial de produción de enerxía eléctrica e aprobación do seu estudo de impacto ambiental e do correspondente proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, as instalacións relativas ao Parque Eólico Canedo (expediente LU-11/136-EOL).

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e no Decreto 661/2007, do 25 de maio, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial, e tendo en conta o establecido no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos (modificado pola Lei 6/2010, do 24 de marzo), e no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, así como na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese a información pública a solicitude formulada por Galfor Eólica, S.L., para as instalacións que a seguir se describen:

Peticionario: Galfor Eólica, S.L. Parque empresarial Alvedro, C/F-23, CP 15180 Culleredo (A Coruña).

Situación: concellos de Alfoz e Mondoñedo (Lugo).

Localización:

Zona: 2.

Área de desenvolvemento eólico (ADE): Mondoñedo II-1-11.

Poligonal de delimitación:

UTM X

UTM Y

630.050,00

4.816.900,00

631.000,00

4.815.300,00

628.400,00

4.815.300,00

Aeroxeradores:

UTM X

UTM Y

C1

629.785,00

4.816.364,00

C2

629.788,00

4.815.955,00

C3

630.316,00

4.815.908,00

Antena meteorolóxica:

UTM X

UTM Y

Torre 1

630.030,00

4.816.030,00

Potencia nominal: 13,5 MW.

Produción neta anual estimada: 43.755 MW h/ano.

Orzamento total: 14.615.897,38 euros.

Características técnicas principais:

• 3 aeroxeradores Gamesa G10X de 4.500 kW de potencia nominal unitaria, 150 m de altura de buxa e 150 m de diámetro de rotor.

• 3 centros de transformación de 5.000 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, Dyn11, instalados individualmente no interior da torre de cada aeroxerador coas súas correspondentes aparellaxes de seccionamento, manobra e protección.

• 1 torre meteorolóxica autoportante de 117,5 m de altura, equipadas con anemómetros, viraventos, medidores de temperatura e de presión e logger rexistrador.

• Liñas eléctricas subterráneas de 20 kV de tensión nominal e en canalización entubada, para interconexión entre centros de transformación 0,69/20 kV.

• Camiños ou vías, entre 5 e 10 m de largura, segundo o tramo, e maioritariamente en saburra natural da zona, para o acceso aos aeroxeradores e á torre meteorolóxica.

Obxecto de información pública:

• Proxecto de execución das instalacións descritas para os efectos da súa autorización administrativa, aprobación e declaración de utilidade pública (que levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións), así como para o seu recoñecemento como instalacións de produción de enerxía eléctrica en réxime especial.

• Estudo de impacto ambiental.

• Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos terreos e demais titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar o proxecto de execución e presentar as obxeccións ou alegacións que consideren oportunas nesta xefatura territorial, con enderezo no Edificio Administrativo da rolda da Muralla, 70, Lugo (27071), no prazo de 30 días hábiles contados a partir da última publicación deste anuncio ou da súa notificación individual.

Para idénticos efectos e no mesmo prazo o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal poderá ser examinado nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo, e nos concellos de Alfoz e Mondoñedo (Lugo) e o estudo de impacto ambiental nas dependencias desta xefatura territorial, da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Lugo e neses concellos.

Finalizado o prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, achegaranse á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria. Esta publicación realízase igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, non se saiba o lugar ou o medio de notificación, ou ben cando, intentada a notificación, non se puidese realizar.

Lugo, 21 de setembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados polo Parque Eólico Canedo

Predio

Propietario

Parcela

Afeccións (m2)

Nome e apelidos

Enderezo

 

Datos catastrais

Paraxe

Cultivo

Pleno dominio

Servidume
de paso

Servidume
de voo

Outras afeccións

Part.

Pol.

Parcela

Zapata

Plataforma

Vías

Gabias

P. eólica

O.T. zona almacenamento

Concello de Mondoñedo

1

Herminda Méndez Otero

Os Remedios, Mondoñedo (Lugo)

1

5

868

Coto Viñín

Eucalipto

 

 

68

 

 

 

 

2

José Campos

San Carlos, s/n, Mondoñedo (Lugo)

1

5

871

Coto Viñín

Eucalipto

 

 

1180

 

 

 

 

3

Concello de Mondoñedo

Praza de España nº 1, 27740 Mondoñedo (Lugo)

1

5

9007

LU-160

Improdutivo (vía de comunicación)

 

 

84

 

 

 

 

4

M.V.M.C. Figueiras

Pte.: Leonardo Eiroá Rivas

San Martiño de Figueiras nº 8, 27749 Mondoñedo (Lugo)

1

5

879

Coto Viñín

Piñeiral madeireiro

Mato improdutivo

2.393

13.798

55.152

572

40.152

 

1.047

5

Emilia García Méndez

A Aldea, 10, Figueiras, 27749 Mondoñedo (Lugo)

1

5

849

Croa

Labor ou labradío secaño

 

 

50