Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 31 de outubro de 2012 Páx. 40950

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 18 de outubro de 2012 de aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM do Concello de Oza dos Ríos (A Coruña) en Mondoi.

O Concello de Oza dos Ríos remite a modificación puntual referida en solicitude da súa aprobación definitiva, conforme o sinalado no artigo 85.7 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

I. Antecedentes.

1. O Concello de Oza dos Ríos dispón, vixente na actualidade, dun Plan xeral de ordenación municipal aprobado definitivamente polo Concello Pleno o 22.1.2001, ao abeiro da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

2. A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo informa, con datas 21.7.2010 e 20.9.2010, de que a modificación proposta, nos termos indicados no documento de inicio, se axusta á disposición transitoria 4ª do texto refundido da Lei de solo, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2008.

3. A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental decide o 28.9.2010 o sometemento da modificación a avaliación ambiental estratéxica. O Concello recibiu o 14.10.2010 o documento de referencia para o efecto.

4. Constan os informes municipais favorables previstos no artigo 85.1 da LOUG: do arquitecto técnico (7.4.2011) e do secretario (20.4.2011).

5. A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emite o 29.7.2011 o informe previo á aprobación inicial.

6. O Pleno do Concello aprobou inicialmente a modificación en sesión do 22.10.2011. Foi sometida a información pública e consultas polo prazo de dous meses (DOG do 15.11.2011, La Voz de Galicia e El Correo Gallego do 5.11.2011), e notificada aos concellos limítrofes (Curtis, Coirós, Cesuras, Betanzos, Aranga e Abegondo) e aos organismos e entidades sinalados polo órgano ambiental no documento de referencia (artigo 85.2 da LOUG). Foron recibidas as alegacións e informes indicados no informe da Secretaría do Concello do 8.3.2012 incluído no expediente.

7. No expediente constan os seguintes informes sectoriais:

a) Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental: informe do 18.12.2011.

b) Concello de Betanzos: acordo da Xunta de Goberno local do 12.1.2012 polo que se aproba e remite como alegación o informe da arquitecta municipal da mesma data. O 29.2.2012 remite documentación adicional sobre a alegación.

c) Dirección Xeral de Infraestruturas: informe do 9.1.2012.

d) Augas de Galicia: informe da Área de Autorizacións e Concesións do 12.1.2012.

e) Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe: informe do 16.1.2012.

f) Dirección Xeral de Ferrocarrís do Ministerio de Fomento: informe de xaneiro de 2012.

g) Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia: informe do 28.2.2012.

h) Concello de Aranga: a Xunta de Goberno local acordou o 22.2.2012 non alegar.

Constan informes do equipo redactor de marzo e xullo de 2012 sobre a integración das alegacións e informes no proxecto de modificación puntual.

8. A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental aprobou a memoria ambiental con data do 15.5.2012.

9. O secretario municipal emitiu o 31.5.2012 informe-proposta favorable á aprobación provisional.

10. O Concello pleno aprobou provisionalmente a modificación en sesión do 1.6.2012.

11. A solicitude de aprobación definitiva fíxose mediante oficio da Alcaldía do 26.6.2012. O Servizo de Urbanismo da CMATI requiriu documentación adicional mediante escrito do 24.7.2012.

12. O Pleno do Concello do 14.9.2012 aprobou provisionalmente o novo documento modificado e remitiuno á CMATI mediante escrito do 21.9.2012.

II. Obxecto e descrición do proxecto.

1. A modificación puntual afecta un ámbito de 341.751 m2 de solo (352.618 m2, incluíndo os sistemas xerais exteriores) na parte norte do termo municipal, lindando co núcleo rural de Santa Cruz de Mondoi, as estradas AC-840 e CP-0106, a vía férrea e o termo municipal de Betanzos.

2. Os terreos están clasificados polo PXOM vixente como solo rústico común apto para urbanizar residencial.

3. A proposta, en execución dun convenio urbanístico subscrito o 30.12.2009 entre o Concello de Oza dos Ríos e a mercantil Begano, S.A., ten por obxecto a recategorización do ámbito como solo urbanizable delimitado de uso global industrial, cunha ocupación de 2/3, con destino ás novas instalacións da empresa.

4. A modificación puntual remite a ordenación detallada ao desenvolvemento dun plan parcial.

III. Análise e consideracións.

Logo de analizar a documentación remitida polo Concello de Oza dos Ríos, o seu propio contido e a súa adecuación á normativa urbanística e sectorial de aplicación.

E vista a proposta literal que nesta mesma data eleva a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, púidose comprobar que o obxecto da modificación puntual proxectada encaixa nas razóns de interese xeral exixidas ao respecto no artigo 94.1 da LOUG, non observándose inconveniente ao respecto.

De conformidade cos artigos 89 e 93.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e co artigo 1 do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva das modificacións puntuais dos plans xerais de ordenación municipal correspóndelle ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

IV. Resolución.

En consecuencia, e visto o que antecede,

RESÓLVESE:

Primeiro. Outorgar a aprobación definitiva á modificación puntual do PXOM de Oza dos Ríos no lugar de Mondoi, de acordo co establecido no artigo 85.7.a) da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e de protección do medio rural de Galicia.

Segundo. De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002 e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o Concello deberá publicar no BOP a normativa e ordenanzas do PXOM aprobado definitivamente.

Terceiro. Notifíquese esta orde ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2012

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas