Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40938

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Taboada

ANUNCIO de información pública sobre ampliación dunha explotación bovina en Xesto-Mato.

Carlos Carballo Vázquez en representación de Ganadería Deycar, S.C., solicita desta alcaldía licenza municipal para proxecto de ampliación dunha explotación bovina existente en Xestoso-Mato. En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Taboada, 8 de outubro de 2012

Ramiro Moure Ansoar
Alcalde