Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40937

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Merca

ANUNCIO de información pública relativo a unha estación emisora de GLP.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente polo que Orbugas, S.L., solicita licenza para instalación de estación emisora de GLP mediente un depósito de 2.450 l na escola infantil sita na Manchica (A Merca), a fin de que todas as persoas que se consideren afectadas dalgún modo pola actividade poidan examinar o proxecto presentado e realizar as observacións que consideren oportunas presentándoas por escrito no rexistro xeral deste Concello, no prazo de vinte días desde a inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Merca, 9 de outubro de 2012

Manuel Jorge Velo Reinoso
Alcalde