Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40936

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guntín

ANUNCIO de información pública sobre instalación dun cemiterio veciñal.

A Asociación de Veciños de Entrambasaugas, representada por José Manuel Rodríguez Varela, solicita desta Alcaldía licenza municipal para instalación dun cemiterio veciñal na Eirexe-Entrambasaugas, cumprindo co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Guntín, 22 de outubro de 2012

Jesús Carreira Ferreiro
Alcalde