Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40939

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Federación Galega de Baloncesto

ANUNCIO de modificación e aprobación dos estatutos.

Aprobada a modificación de estatutos en asemblea xeral ordinaria e extraordinaria para estes efectos, da Federación Galega de Baloncesto, do 23 de xuño de 2012, e ratificada pola Secretaría Xeral para o Deporte en Resolución do 10 de maio de 2012, de conformidade coa Lei 3/2012, xeral do deporte de Galicia, e demais normativa aplicable, procédese ao anuncio de modificación e posterior aprobación dos estatutos da Federación Galega de Baloncesto que rexerán esta, compostos de 139 artigos, unha disposición adicional e unha disposición derrogatoria derradeira, dos cales se depositou unha copia íntegra no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia na Secretaría Xeral para o Deporte.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2012

Francisco Martín Mico
Presidente da Federación Galega de Baloncesto