Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40923

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello Consultivo de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2012 pola que se modifica a Resolución do 17 de setembro de 2012 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, da contratación do servizo de vixilancia e seguridade no Pazo de Amarante, sede do Consello Consultivo de Galicia, do Consello Económico e Social e do Consello Galego de Relacións Laborais.

Advertido erro na devandita resolución, publicado no DOG nº 189, do mércores 3 de outubro de 2012, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Primeiro. Na páxina 38137, número 3, onde di:

«Orzamento do contrato: 84.000,00 €.

Exercicio 2012: 7.000,00 €.

Exercicio 2013: 42.000,00 €.

Exercicio 2014: 35.000,00 €.»

Debe dicir:

«Orzamento do contrato: 84.000,00 €, sen IVE.

Exercicio 2012: 7.000,00 €, sen IVE.

Exercicio 2013: 42.000,00 €, sen IVE.

Exercicio 2014: 35.000,00 €, sen IVE.»

Segundo. Ábrese un novo prazo de presentación de propostas, que comezará o día seguinte ao da publicación da presente corrección de erros no DOG e terminará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas; se o último día for inhábil, prolongarase o prazo ata o día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2012

Mª Teresa Conde-Pumpido Tourón
Presidenta do Consello Consultivo de Galicia