Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40922

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 15 de outubro de 2012 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente número IU1/4/2011-R1, devolta polo servizo de Correos por non se poder practicar a súa notificación.

De conformidade co disposto no artigo 59.9 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase a notificación de emprazamento para o trámite de audiencia a Mª Josefina Montero Prieto, no expediente número IU1/4/2011-R1 en relación co recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 6 de marzo de 2012, do subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, por substitución da directora (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo), en relación coas actuacións consistentes en plantación de eucaliptos no lugar de Aldrá e Chousa da Granxa, parroquia de Rodieiros, no termo municipal de Boimorto, provincia da Coruña.

O expediente mencionado encóntrase á disposición da interesada nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, para presentar as alegacións que considere procedentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2012

Por substitución (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística