Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40924

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2012 pola que se fai pública a formalización dun contrato de subministración non suxeito a regulación harmonizada.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

Subministración e instalación do equipamento necesario para a homoxeneización e visualización remota do sistema de videovixilancia dos portos do ente público Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Dirección de Operacións.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17421

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo de subministración, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición do obxecto: subministración e instalación do equipamento necesario para a homoxeneización e visualización remota do sistema de videovixilancia dos portos do ente público Portos de Galicia.

c) Medios de publicación do anuncio de licitación: no Diario Oficial de Galicia (DOG), número 83, modificado no número 94.

d) Datas de publicación do anuncio de licitación: no DOG o 2 de maio de 2012, modificado o 18 de maio de 2012.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto; sistema multicriterio.

4. Valor estimado do contrato.

149.150,00 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 149.150,00 euros. Importe total: 175.997,00 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 2 de outubro de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 11 de outubro de 2012.

c) Contratista: Tredess 2010, S.L.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 118.287,97 euros. Importe total: 143.128,44 euros.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base con redución de prazo.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia