Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40926

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2012 pola que se fai pública a formalización dun contrato de servizos suxeito a regulación harmonizada.

En cumprimento do disposto no artigo 154.1 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo: contratación por lotes dos servizos de conservación, mantemento e mellora das instalacións eléctricas dos portos pertencentes a Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Dirección de Operacións.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17828

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: administrativo de servizos, suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición do obxecto: contratación por lotes dos servizos de conservación, mantemento e mellora das instalacións eléctricas dos portos pertencentes a Portos de Galicia.

c) Lote: lote 1: portos de Ribadeo a Redes. Lote 2: portos de Pontedeume a Muxía. Lote 3: portos de Fisterra a Porto do Son. Lote 4: portos de Corrubedo a Carril. Lote 5: portos de Vilaxoán a Corvaceiras. Lote 6: portos de Aguete a Tui.

d) Medios de publicación do anuncio de licitación: suplemento do Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE) número 2012/S 44-072455 (modificado nos números 2012/S 47-076423, 2012/S 49-079540 e 2012/S 58-093789); no Boletín Oficial del Estado (BOE), número 57 (modificado nos números 62 e 72), e no Diario Oficial de Galicia (DOG), número 47 (modificado nos números 52 e 60).

e) Datas de publicación do anuncio de licitación: no DOUE do 3 de marzo de 2012 (modificacións publicadas o 8, 10 e 23 de marzo de 2012); no BOE do 7 de marzo de 2012 (modificacións publicadas o 13 e o 24 de marzo de 2012), e no DOG do 7 de marzo de 2012 (modificacións publicadas o 14 e o 27 de marzo de 2012).

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto; sistema multicriterio.

4. Valor estimado do contrato: 672.348,00 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 672.348,00 euros. Lote 1: 117.576,00 euros. Lote 2: 119.984,00 euros. Lote 3: 104.728,00 euros. Lote 4: 92.004,00 euros. Lote 5: 118.992,00 euros. Lote 6: 119.064,00 euros.

Importe total: 793.370,64 euros. Lote 1: 138.739,68 euros. Lote 2: 141.581,12 euros. Lote 3: 123.579,04 euros. Lote 4: 108.564,72 euros. Lote 5: 140.410,56 euros. Lote 6: 140.495,52 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 6 de setembro de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 10 de outubro de 2012.

c) Contratista. Lotes 1, 3 e 4: desertos. Lote 2: Electricidad Víctor Amor y otro, S.C. Lote 5: Montajes Eléctricos Salnés, S.L. (Meldosa). Lote 6: Setga, S.L.U.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: lote 2: 118.480,00 euros. Lote 5: 116.540,00 euros. Lote 6: 112.404,00 euros. Importe total: lote 2: 143.360,80 euros. Lote 5: 141.013,40 euros. Lote 6: 136.008,84 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: por resultar a súa oferta a economicamente máis vantaxosa: lotes 2 e 6. Por ser o único licitador e cumprir os requisitos exixidos: lote 5.

f) Tipo de oferta adxudicataria: solución base.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia