Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40929

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública (EXC 6/12) sobre o cambio de uso previsto no documento do Plan xeral para a parcela municipal correspondente ao Mercado Municipal de Elviña.

O Pleno municipal, en sesión que tivo lugar o día 6 de agosto de 2012, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Cambiar o uso previsto no documento do Plan xeral para a parcela municipal correspondente ao Mercado Municipal de Elviña, do CO (Pb) actual, á de equipamento de continxencia XX (Pb), mantendo a súa titularidade pública.

Segundo. Publicar o presente acordo no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificar o presente acordo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e aos departamentos municipais de Xestión do Solo, Licenzas e Disciplina Urbanística, Sección de Patrimonio Urbanístico, así como á Oficina do XIS municipal.

Este acordo pon fin á vía administrativa, podéndose interpor contra este recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte a aquel no que se practique a súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia da Coruña ou, se é o caso, da súa notificación a quen decida o pleno municipal, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que se estime pertinente.

A documentación exixida polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o día 4 de setembro de 2012.

A Coruña, 7 de setembro de 2012

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo