Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se someten a información pública para autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución, inclusión no réxime especial de produción de enerxía eléctrica e aprobación do seu estudo de impacto ambiental e do correspondente proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, as instalacións relativas ao parque eólico Neipín (expediente LU-11/143-EOL).

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e no Decreto 661/2007, do 25 de maio, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial e tendo en conta o establecido no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, (modificado pola Lei 6/2010, do 24 de marzo) e no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia así como na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese a información pública a solicitude formulada por Ferrolterra Renovables, S.L., para as instalacións que a continuación se describen:

Peticionario: Ferrolterra Renovables, S.L., avda. Gonzalo Navarro, 36-38, polígono industrial Río do Pozo, 15573 Narón (A Coruña).

Situación: concello da Pontenova (Lugo).

Emprazamento:

Zona: 2.

Área de Desenvolvemento Eólico (ADE): Neipín II-2-4.

Poligonal de delimitación:

UTM X

UTM Y

1

647.500

4.800.800

2

650.000

4.800.800

3

650.000

4.779.000

4

647.500

4.779.000

Aeroxeradores:

UTM X

UTM Y

N.01

649.785,00

4.799.261,00

N.02

649.242,00

4.799.617,00

N.03

648.847,00

4.800.051,00

N.04

648.484,00

4.800.423,00

Antena meteorolóxica:

UTM X

UTM Y

T.M.

649.068

4.799.930

Potencia nominal: 18 MW.

Produción neta anual estimada: 60.095 MW h/ano.

Orzamento total: 22.236.066,39 euros.

Características técnicas principais:

• 4 aeroxeradores Gamesa G-128 de 4.500 kW de potencia nominal unitaria, de 120 m de altura da buxa e 128 m de diámetro de rotor.

• 4 centros de transformación de 5000 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,69/20 kV, Dyn11, instalados unitariamente no interior da torre de cada aeroxerador cos seus correspondentes aparellos de seccionamento, manobra e protección.

• 1 torre meteorolóxica autoportante de 120 m de altura, equipada con anemómetros, viraventos, medidores de temperatura e de presión e logger rexistrador.

• Liñas eléctricas subterráneas de 20 kV de tensión nominal directamente enterrados en gabias, para a evacuación de enerxía xerada, de interconexión entre centros de transformación 0,69/20 kV e subestación transformadora 132/20 kV.

• Camiños ou vías, en saburra artificial, con 5 m de largura mínima para o acceso aos aeroxeradores, edificio de control e subestación eléctrica, e con 4 m de largura para o acceso á antena meteorolóxica.

• Subestación transformadora 132/20 kV, cun transformador principal 132/20 kV intemperie, YNd11, de 16/20 MVA ONAN/ONAF de potencia nominal, e outro de servizos auxiliares 20/0,4 kV de 50 KVA, Dyn11, cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

• Edificio de control no que se situarán, entre outros, as celas de liña, de protección e de medida.

Obxecto de información pública:

• Proxecto de execución das instalacións descritas para os efectos da súa autorización administrativa e aprobación así como para o seu recoñecemento como instalacións de produción de enerxía eléctrica en réxime especial.

• Estudo de impacto ambiental.

• Proxecto sectorial de incidencia supra municipal.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que os interesados poidan examinar o proxecto de execución e presentar as obxeccións ou alegacións que consideren oportunas nesta xefatura territorial con enderezo no edificio administrativo da rolda da Muralla 70, Lugo 27071, no prazo de 30 días hábiles contados a partir da última publicación deste anuncio ou da súa notificación individual.

Para idénticos efectos e no mesmo prazo o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal poderá ser examinado tanto nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo como no concello da Pontenova (Lugo) e o estudo de impacto ambiental atoparase en exposición pública nas dependencias desta xefatura territorial, da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Lugo e nese concello.

Finalizado o prazo, o expediente xunto coas alegacións recibidas, achegaranse á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria. Esta publicación realízase igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, non se saiba o lugar ou o medio de notificación, ou ben, cando intentada a notificación non se puidese realizar.

Lugo, 14 de setembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo