Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40908

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Mugardos (expediente IN407A 171/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: alimentación LMTS, EDAR Rilo.

Situación: concello de Mugardos.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,076 km, coa orixe en empalmes a realizar na LMTS Franza (expediente 91/11, en tramo comprendido entre a subestación Vilar do Colo e CT Catro Camiños (expediente 4840), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3(1×240 mm² Al), e final no centro de seccionamento EDAR Rilo, que instalará o cliente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 1 de outubro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña