Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40909

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cesuras (expediente IN407A 168/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación LMT, CT Cesuras.

Situación: concello de Cesuras.

Características técnicas:

Liña de media tensión aérea, tramo I, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,041 km, coa orixe en apoio nº 36 existente do dobre circuíto que forman as liñas CES-705 e BEG-706, no tramo entre a derivada ao CT Dordaño (expediente 52.501) e o CT Cesuras, para a LMTS CES-705 e entre a derivada ao CT Recemonde (expediente 50.967) e o CT Cesuras. Para a LMT BEG-706, en condutor LA-110/116,2 mm2, e final no apoio nº 37 proxectado que se intercalará no dobre circuíto que forman as liñas CES-705 e BEG-706 entre o apoio nº 36 existente e o CT Cesuras.

Liña de media tensión aérea, tramo II, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,022 km, coa orixe en apoio nº 39 existente da LMT CES-705, tramo entre o CT Cesuras (expediente 26.917) e a derivada ao CT Bragad Braña (expediente 30.897), en condutor LA-110/116,2 mm2, e final no apoio nº 37 proxectado que se intercalará no dobre circuíto que forman as liñas CES-705 e BEG-706 entre o apoio nº 36 existente e o CT Cesuras.

Liña de media tensión aérea, tramo III, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,012 km, coa orixe en apoio nº 37 proxectado que se intercalará no dobre circuíto que forman as liñas CES-705 e BEG-706, entre o apoio nº 36 existente e o CT Cesuras, en condutor LA-56/54,6 mm2, e final no apoio nº 37-1 existente da LMT CES-705, tramo entre o CT Cesuras e a derivada ao CT San Mamede (expediente 50.421).

Liña de media tensión subterránea, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,015 km (cada un dos catro tramos), coa orixe en catro pasos aéreo-subterráneos que se realizará en apoio nº 37 proxectado que se intercalará no dobre circuíto que forman as liñas CES-705 e BEG-706 entre o apoio nº 36 existente e o CT Cesuras, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV, 3(1×240 mm2 Al), e final en catro celas de liña proxectadas no CT Cesuras para reformar.

Reforma centro de transformación non prefabricado Cesuras, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 1 de outubro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña