Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio aocial: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: ampliación de potencia CT A Cabrita.
Situación: concello de Boimorto.
Características técnicas: centro de transformación intemperie A Cabrita, cunha potencia de 160 kVA e relación de transformación de 15.000/400-230 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situado Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 1 de outubro de 2012
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña