Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica LMT, CT, San Clodio-xeriátrico, no concello de Leiro (expediente IN407A 2012/49-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, nº 2, Velle, Ourense.

Denominación: LMT, CT San Clodio-xeriátrico.

Situación: San Clodio-Leiro.

Características técnicas: recuamento da actual LMT Cabanelas-San Cristovo, con LMT aérea de 185 m de lonxitude, en condutor LA-110, e LMT subterránea de 387 m, condutor RHZ1-3×240 Al, con entrada e saída no novo CT que se situará San Clodio (xeriátrico) proxectado, de 400 kVA e relación de transformación 20.000/400/230 V.

Orzamento: 60.502,34 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 5 de outubro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense