Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40913

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica LMT, CT, para a planta de transformación de biomasa de Pontedeva (expediente IN407A 2010/69-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Galpellet, S.L.

Domicilio social: rúa do Progreso, nº 26, 32002 Ourense.

Denominación: LMT, CT para a planta de transformación de biomasa de Pontedeva.

Situación: polígono industrial de Trado-Pontedeva (Ourense).

Características técnicas:

1. Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubaxe e con condutor RHZ1 2OL 12/20kV Al 3(1×240) mm2 Al, de 200 metros, con orixe no CS do expediente IN407A 2011/64-3 e final no CT tipo obra proxectado, para o transformador de alimentación da factoría, de 1.600 kVA r/t 20.000/420 V.

2. Liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV baixo tubo e con condutor RHZ1 2OL 12/20kV Al 3(1×240) mm2 Al de 200 metros con orixe no CS do expediente IN407A 2011/64-3 e final no CT tipo obra proxectado, para o transformador da planta de coxeración asociada á factoría, de 630 kVA, r/t 20.000/420 V.

Orzamento: 143.556,83 €.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto das instalacións.

Ourense, 23 de outubro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense