Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40874

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 205/2012, interposto por Javier Mundiña Basanta.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 205/2012, interposto por Javier Mundiña Basanta, contra a Resolución do 18 de febreiro de 2010 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado pola Orde do 21 de novembro de 2008 (DOG nº 234, do 2 de decembro), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio da fase de oposición (DOG nº 36, do 23.2.2010).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública