Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 30 de outubro de 2012 Páx. 40875

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 210/2012, interposto por Henrique Ferro Cruz.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 210/2012, interposto por Henrique Ferro Cruz, contra a Resolución do 28 de xullo de 2010 da Consellería de Facenda, pola que se desestima o recurso de alzada formulado contra a Resolución do 22 de decembro de 2009, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala de arquitectos, pola que se dá publicidade a diversos acordos relativos ao segundo exercicio do proceso selectivo e contra a Resolución do mesmo tribunal do 18 de febreiro de 2010.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública