Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40682

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública (expediente AM/18/12).

Lajo y Rodríguez, S.A. solicitou da Alcaldía licenza municipal de acondicionamento e actividade para a apertura dun establecemento dedicado á xestión de vehículos ao final da súa vida útil (VFU) e residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), que se situará no polígono industrial As Gándaras desta localidade, en cumprimento do disposto no artigo 8.3º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que empezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra– poidan examinar o expediente AM/18/12, na sección de urbanismo deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

O Porriño, 21 de setembro de 2012

José Nelson Santos Argibay
Alcalde