Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40681

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO de información pública relativo a un taller de fabricación de mobiliario metálico.

Gabadi, S.L. solicitou da Alcaldía licenza municipal para apertura dunha actividade de taller de fabricación mobiliario metálico, situada nas parcelas 104-105 do sector I do polígono Río do Pozo.

En cumprimento do disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións ou reclamacións que coiden oportunas no Departamento de Urbanismo deste Concello.

Narón, 19 de setembro de 2012

Alfonso de Prado Fernández-Canteli
Secretario xeral