Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40680

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO sobre solicitude de licenza municipal para apertura de planta para fabricación de formigón e outros preparados.

Hormigones Carral, S.L. solicitou da Alcaldía licenza municipal para apertura dunha actividade de planta para fabricación de formigón, preparados e argamasa, situada na parcela X-7, sector IV, polígono Río do Pozo, cumprindo o disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles contados a partir do seguinte o da última publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións ou reclamacións que consideren oportunas no Departamento de Urbanismo deste concello.

Narón, 17 de setembro de 2012

Alfonso de Prado Fernández-Canteli
Secretario xeral