Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40679

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Muros

ANUNCIO de información pública relativo a unha nave destinada a taller mecánico (expediente 228/2012).

A sociedade mercantil Carlos e Maxi Automocións, S.L., con CIF número B70339577, con domicilio no lg. Cerzón, número 25, Freixo, concello de Outes, solicita licenza de obra e actividade para construción dunha nave industrial destinada a taller mecánico, chapa e pintura no parque empresarial de Muros, no quinteiro 4, parcelas 21 e 22 (expediente 228/12), de acordo co proxecto do enxeñeiro técnico industrial José Luis Veiga Rodríguez.

De acordo co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no Diario Oficial de Galicia– coa finalidade de que durante este tempo poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Muros, 3 de setembro de 2012

Caridad González Cerviño
Alcaldesa