Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40598

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (831/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento seguridade social 831/2010 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Julio González Pedreira contra a empresa Alicatados Carballo, S.L.U., Mutua MC, INSS e TXSS, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza 735/2012.

Nº autos: seguridade social 831/2010.

A Coruña, 2 de outubro de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre seguridade social entre partes, dunha e como demandante, Julio González Pedreira, en cuxo nome e representación comparece o letrado Ricardo López Mosteiro, e doutra e como demandados, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social en cuxa representación comparece a letrada Victoria Regueira Rodríguez; pola Mutua Cyclops (hoxe MC Mutual) comparece o letrado Luis Manuel Rodero Díaz; a empresa Alicatados Carballo, S.L.U. non comparece malia estar citada en legal forma.

En nome do rei ditou a seguinte sentenza 735/2012.

«Decido:

1º. Que estimo a acción sobre recoñecemento de incapacidade permanente formulada por Julio González Pedreira fronte ao INSS, a TXSS e MC Mutual, declarando que a parte demandante está en situación de incapacidade permanente total para a súa profesión habitual, derivada de enfermidade común, con efectos do 9 de abril de 2010 e calculada sobre unha base reguladora de 491,24 euros, todo isto con condena do INSS ao aboamento da prestación correspondente na forma legal e regulamentariamente prevista.

2º. Desestimo a acción exercida contra MC Mutual e Alicatados Carballo, S.L.U.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0831 10, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta en Banesto a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 0831 10, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación a Alicatados Carballo, S.L.U., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 8 de outubro de 2012

O secretario xudicial