Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40596

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (926/2010).

Número de autos: procedimiento ordinario 926/2010.

Demandante: Alfonso Muñoz Queijas.

Demandadas: El Corte Inglés, S.A., JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L., Acumula, S.A.

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 926/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alfonso Muñoz Queijas contra a empresa El Corte Inglés, S.A., JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L., Acumula, S.A. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«A Coruña, tres de outubro de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Alfonso Muñoz Queijas, que comparece asistido polo letrado José Páramo Sureda, e doutra como demandada El Corte Inglés, S.A., e comparece no seu nome e representación a letrada Mª José Varela Mirás, pola empresa Acumula, S.A., comparece no seu nome e representación Ubaldo Pérez Rodríguez, asistido pola letrada Fátima Bregua López, e pola empresa JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L. non comparece malia estar citada en legal forma.

Decisión:

1º. Estimo a demanda formulada por Alfonso Muñoz Queijas fronte á empresa JVB Servicios Logísticos para Grandes Superficies, S.L., con condena ao aboamento da cantidade de 2.980,40 euros en concepto de salarios debidos. E responsabilidade solidaria de El Corte Inglés, S.A. ata a cantidade de 2.783,11 euros.

2º. Absólvese a codemandada Acumula, S.A.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela non cabe recurso ningún.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a JVB Servicis Logísticos para Grandes Superficies, S.L., expídese o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 8 de outubro de 2012

O secretario xudicial