Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40614

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Rodeiro (expediente IN407A 2012/239-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Ganadería Wenceslao, S. C.

Domicilio social: Leboro nº 6-Río (Santa María), 36537 Rodeiro.

Denominación: LMTA/S de acometida ao CT dunha granxa en Pena Brea.

Situación: Rodeiro.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 22 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente (HV-1000-15 CR-1 CA) da LMT LAL811 Rodeiro de Unión Fenosa Distribución, S.A. e final no apoio proxectado HV-1000-11 CR-1CA (paso aéreo-subterráneo) do cal continúa subterránea 157 metros, con condutor RHZ, finalizando no centro de transformación dunha granxa en Pena Brea, Río (Santa María) Rodeiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo, avda. Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 19 de setembro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra