Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40612

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Palas de Rei (expediente IN407A 2011/133-2-7969-AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: José Gómez Pérez.

Domicilio social: Mosteiro de Palas de Rei, s/n, 27217 Palas de Rei.

Denominación: LMTA 20 kV e CT de 160 kVA.

Situación: concello de Palas de Rei.

Características técnicas: LMTA a 20 kV con orixe no apoio nº 11 da liña PAL 803 Guntín 3, e final no CTI proxectado, cunha lonxitude de 1.070 metros, en conductor LA-56 tensado sobre apoios de formigón.

CT intemperie, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000 V/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 25 de maio de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo