Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 29 de outubro de 2012 Páx. 40616

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 129/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS subestación Santa Mariña, CT Cardosas, Penetración, Muralla.

Situación: concello de Ferrol.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea subestación Santa Mariña-CT Cardosas, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,414 km, coa orixe en cela de liña existente na subestación Santa Mariña (expediente 18.352), condutor tipo RHZ1 e final en cela de liña existente en CT Cardosas (expediente 30.326).

Liña eléctrica de media tensión subterránea CT Cardosas-CT Penetración, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 1,095 km, coa orixe en cela de liña existente en CT Cardosas (expediente 30.326), condutor tipo RHZ1, e final en cela de liña existente en CT Penetración (expediente 30.326).

Liña eléctrica de media tensión subterránea CT Penetración-CT Muralla, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,190 km, coa orixe en cela de liña existente en CT Penetración (expediente 30.326), condutor tipo RHZ1, e final en cela de liña existente en CT Muralla (expediente 7.306).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 25 de setembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña